Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE O PLAN PARA CONSTRUIR O NOVO CENTRO DE SAUDE
O Concello ten elaborado un Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en Freixeiro, e negociará con tódolos propietarios das parcelas antes de iniciar a expropiación.
Narón, 7 de Febreiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu hoxe por fax o informe previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en Freixeiro, para a construcción do novo centro de saúde do municipio. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia autoriza así o Plan Especial redactado polo Concello de Narón para a implantación desta infraestructura sanitaria. O Concello de Narón levará á Comisión de Obras do vindeiro 14 de febreiro este Plan Especial para o seu dictame, e despois será debatido para a súa aprobación definitiva no Pleno Ordinario do 24 de febreiro. Paralelamente, na Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas que se celebrará o día 17 de febreiro, prantexarase a expropiación –mediante o sistema de tasación conxunta- dos terrenos afectados por este Plan Especial, que tamén deberá ser aprobada no mesmo Pleno Ordinario do mes de febreiro. A continuación, o Concello notificará a expropiación dos terrenos ós propietarios afectados e manterá a exposición pública esta información. Cando finalice este proceso, o Pleno da Corporación Municipal aprobará definitivamente a expropiación, decretándose así a urxente ocupación dos terrenos. A este respecto, o Alcalde de Narón declarou a súa disponibilidade a negociar “dende sempre con tódolos propietarios, para chegar a un acordo que nos permita non ter que recurrir á expropiación, aínda que dada a importancia deste asunto, se é preciso o realizaremos”, salientou José Manuel Blanco. O Concello de Narón dispón dende o ano 2010 dunha partida presupostaria dos Orzamentos Municipais de 850.000€ para a compra dos terrenos, unha cantidade máis que suficiente para facer frente á súa parte do compromiso formalizado coa Xunta de Galicia no ano 2008, que incluía a redacción deste Plan Especial de Dotacións en Freixeiro. A administración autonómica debería facerse cargo do proxecto e da construcción do edificio e do aparcamento. Así se reflexa nun protocolo de intencións asinado co anterior goberno autonómico, que debería terse formalizado nun convenio máis concreto , tal e como fixo a Xunta de Galicia co Concello de Lalín recentemente. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco ten enviado ata o momento duas cartas á actual Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, instándolle a firmar entre o Concello e a Xunta un documento no que se concreten as partidas orzamentarias e os prazos de execución do novo Centro de Saúde. Ata o momento, non se recibíu resposta da Consellería de Sanidade sobre este asunto.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal