Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVENIOS CON CENTROS ESCOLARES PARA REALIZAR ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTALES EN ALDEA NOVA
O Colexio Ayala e o IES Terra de Trasancos son os centros que levarán a cabo este programa.
Narón, 7 de Abril de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe dous convenios de colaboración cos directores do Colexio Ayala, Mª Eugenia del Rio, e do Instituto de Educación Secundaria –IES- Terra de Trasancos, José Ricardo Lorente. En ambos casos, o obxetivo do convenio é a realización de unidades didácticas, obradoiros e demás accións que se desenvolven no Parque temático do mundo rural Aldea Nova, en Sedes, por parte dos alumnos/as destos centros educativos. A aportación municipal suma entre os dous convenios 11.535€, repartidos do seguinte xeito: -Colexio Ayala (6.600 euros) -Instituto Terra de Trasancos (4.935€). Sobre estos acordos, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, comentou que “a colaboración entre institucións é imprescindible para un maior achegamento dos rapaces e rapazas ós temas de interese académico, de ocio e de medioambiente”. Pola súa banda, o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos, explicou que “as actividades vanse a desenvolver ó longo de todo o ano, e serán os centros escolares os que programen as datas nas que realizarán os programas en Aldea Nova”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal