Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CICLO DE CINE EN GALEGO EN ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE NARÓN
Se celebra os sábados en Pedroso e A Gándara, e os venres no Alto do Castiñeiro.
Narón, 7 de Abril de 2011.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (dependente da Concellería de Cultura, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística) organiza un ciclo de cine en galego en diferentes asociacións veciñais do municipio, para dar a coñecer o patrimonio audiovisual galego á cidadanía. Este ciclo de cine terá lugar os sábados dos meses de abril e maio nas asociacións A Pombiña de Pedroso e A Gándara a partires das 19:00 horas, e na asociación Chafarís do Alto do Castiñeiro os venres a partires das 21:00 horas. En tódolos casos, a entrada é de balde e aberta a tódolos públicos. O Centro Galego de Artes da Imaxe –institución responsable desde a administración autonómica de promover a produción audiovisual galega- será o organismo encargado do préstamo das películas que se proxectarán nas diferentes asociacións veciñais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal