Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XORNADA SOBRE SAUDE CARDIOVASCULAR NO AUDITORIO E NA PRAZA DE GALICIA
Baixo o lema "Corazón amigo" celébranse ponencias e obradoiros deportivos, de cociña e de literatura.
Narón, 14 de Maio de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, inaugurou hoxe a Xornada de saúde cardiovascular “Corazón Amigo”, organizada pola Fundación Zonascardio en colaboración co Concello de Narón. Na presentación oficial do acto tamén participaron o Concelleiro de Sanidade, Ramón Padín, e o delegado da Fundación Zonascardio en Galicia, José Ignacio Llamas. O rexedor naronés felicitou ós organizadores “por ser quen de realizar este evento no que vanse suceder unha serie de ponencias, a cargo de especialistas, sobre a prevención de enfermedades cardiovasculares, a importancia da dieta cardiosaudable e o deporte, a desfibrilación, o tabaquismo e a alimentación saudable”, adiantou. O Alcalde de Narón expresou a súa satisfacción “polo feito de que estas xornadas de grande interese para a cidadanía en xeral, e para os deportistas en particular, vaianse celebrar no noso municipio”, declarou José Manuel Blanco. O Alcalde lembrou que en Narón hai actualmente perto de 3.500 persoas facendo deporte a diario, entre nenos e nenas e rapaces, “e queremos contribuir dende o goberno municipal a protexer ó máximo a súa saúde cardiovascular. Por iso, temos iniciado fai un ano un plan de prevención de accidentes deste tipo, consistente na instalación de nove equipos de desfibrilación automática nos principais edificios públicos e centros deportivos”, explicou. Así, o Concello de Narón ten instalados desfibriladores no Edificio Consistorial, no Pazo da Cultura, nos pavillóns polideportivos municipais e no campo de fútbol de Rio Seco. Ademáis, deuse formación a 42 persoas que traballan nestos lugares para que saiban empregar os equipos de reanimación, que poden salvar a vida en determinadas circunstancias. “Dende o Concello de Narón investimos 25.000 euros nestos equipos, e pensamos que todas as medidas de protección que tomemos ante posibles problemas cardíacos, pagan a pena”, asegurou o Alcalde. O programa destas xornadas inclúe cinco conferencias: -Importancia das enfermedades cardiovasculares e prevención da norte súbita do deportista, a cargo do doctor Carlos Piñeiro. -Importancia dunha dieta cardiosaudable e o deporte, a cargo do nutricionista Juan Iglesias Iglesias. -Importancia da desfibrilación temperá, a cargo do doctor Juan Ramón Couce Gómez y de la Tía. -O tabaquismo, ¡Abandoar este hábito é posible!” a cargo da psicóloga Maria José Garabito. -Importancia dunha alimentación saudable, a cargo da nutricionista Beatriz Iglesias. A xornada “Corazón Amigo” desenvólvese no Auditorio Municipal e na praza de Galicia, onde estanse a levar a cabo diferentes actividades deportivas, culturais e gastronómicas. Son as seguintes: -Obradoiro de elaboración de platos cardiosaudables, dirixido polo cociñeiro José Manuel Fernández Vidal. -Obradoiros de reanimación cardiopulmonar. Clases prácticas. -Concursos de debuxo, e concurso de relato corto. -Deportes: clases dirixidas de spinning, aerobic e pilates. -Gimkana, entre varios equipos, coa misión de intentar salvar a vida a unha persoa que sufriu un paro cardiaco. Cada equipo estará liderado por un monitor de reanimación cardiopulmonar, que dará instruccións ós participantes. A Xornada sobre saúde cardiovascular finalizará entorno ás 14:00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal