Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RATIFICA OITO CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS E CULTURAIS
En conxunto, destínanse 94.100€ á realización de programas e actividades por parte destas asociacións.
Narón, 3 de Xuño de 2011.- O Alcalde en funcións de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe oito convenios de colaboración con entidades de carácter social e cultural, para o desenvolvemento de actividades e programas. En conxunto, a inversión municipal para estas actuacións ascende a 94.100€, repartidos entre os seguintes colectivos: -Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (5.000€). -Asociación de Xordos de Ferrol (1.100€). -Asociación de Pais de Nenos con problemas psicosociais ASPANEPS (9.000€). -Asociación Dignidade Ferrol (1.000€). -Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol (15.000€). -Fundación Santo Hospital de Caridade (4.000€). -Asociación Sociocultural de Minusválidos (55.000€). -ONG Lena (4.000€). Logo de asinar os convenios, o Alcalde en funcións de Narón, José Manuel Blanco, declarou que o Concello “tivo que facer moitos números porque as aportacións do Estado e da Xunta de Galicia ós concellos reducíronse, polo que nos tamén tivemos que facer o mesmo, dándolle prioridade ás entidades sociais”, declarou. O rexedor agradeceu ás asociacións “o traballo que facedes día a día cos vosos usuarios, que repercute en beneficio de tódolos veciños e veciñas de Narón” e confiou en “continuar participando e axudándovos” en anos sucesivos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal