Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL ÓS NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
Narón, 6 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Concelleira de Acción Social, Catalina García, ofreceron hoxe unha recepción institucional ós 3 nenos e 2 nenas que participan no programa ‘Vacacións en Paz’, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, con quen o Concello ten un convenio de colaboración. Ese acordo establecía a financiación necesaria para traer neste verán a 5 nenos procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, no Sáhara, que están a vivir con familias de acollida durante estos meses de xullo e agosto. O Alcalde de Narón e a Concelleira de Acción Social obsequiaron ós nenos e nenas homenaxeados con material escolar e adicáronlles unhas palabras de benvida, desexándolles unha feliz estancia no municipio de Narón. O rexedor explicou ás familias de acollida que o Concello fai un esforzo económico importante por seguir colaborando con este programa, e que a pesares de que debido á crise tívose que reducir lixeiramente o convenio coa asociación promotora desta causa, a intención é continuar co programa e no ano 2012 aumentar a aportación. A este respecto, a Concelleira de Acción Social, Catalina García, lembrou que o Concello de Narón leva 15 anos colaborando e facendo realidade o programa de ‘Vacacións en Paz’ que permite ós menores “disfrutar do noso país e da nosa cultura, e poder acceder ó noso sistema sanitario”. García agradeceu tamén ás familias de acollida “a súa adicación ós nenos e o sentimento especial que teñen cara a eles”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal