Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE TRES CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS E VECIÑAIS
Os destinatarios son o Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, e as asociacións de veciños Chafarís e Virxe de Fátima.
Narón, 15 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración coas seguintes entidades: Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, Asociación de Veciños Chafarís e Asociación de Veciños Virxe de Fátima. Dous destos convenios son en materia de participación cidadá, e outro é de servizos sociais. A firma do acordo co Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro (3.500 €), permitirá a execución de programas de servizos sociais e atención ás persoas maiores, ademáis de actividades culturais e deportivas de carácter municipal. En representación desta entidade acudíu Angel Galdo Soto. O convenio coa Asociación de Veciños Chafarís (3.000 €) ten como obxecto o desenvolvemento de programas de actividades dirixidos ós seus usuarios. Hoxe rubricou este acordo o presidente da entidade, Manuel García Loureiro. E por último, o convenio coa Asociación de Veciños Virxe de Fátima (5.300 €), asinado pola súa representante, Maribel Mouriz, servirá para desenvolver accións sociocomunitarias en materia de participación cidadá. Na firma dos convenios tamén estivo presente a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal