Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCION INSTITUCIONAL ÓS GRUPOS PARTICIPANTES NO FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL
O Pazo da Cultura acolle este evento, o sábado 16 a partires das 21:00 horas.
Narón, 15 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós representantes dos grupos que actúan mañá no 21º Festival Folclórico Internacional, que se celebrará a partires das 21:00 horas no Pazo da Cultura, con entrada gratuita. O rexedor deulles a benvida e amosouse “convencido de que disfrutaredes de Narón, ó igual que os veciños de Narón disfrutaremos coas vosas danzas e bailes”. Xosé Manuel Blanco destacou que unha das prioridades do goberno municipal é o fomento da cultura e a defensa das raíces, e que por ese motivo este festival lévase realizando durante máis de dúas décadas. “O Festival Folclórico Internacional é unha aposta decidida, algo intrínseco do municipio. Non se entendería o verán en Narón sen este evento” sinalou. A continuación, fíxose un intercambio de regalos no que o Alcalde obsequiou ós grupos participantes con diferentes libros sobre a historia e o turismo de Narón. Os grupos que mañá subirán ó escenario do Pazo da Cultura son os seguintes: -Grupo Municipal de Coros e Danzas de “Baza” (Andalucía). -Asociación Artístico-Cultural e Recreativa “Berriztasuna Tadela” (Euskadi). -Ballet folclórico de “Temuco” (Chile). -Agrupación “Otrora” (Colombia). -KUD “PKB KORPORACIJA” (Serbia). -Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón. -Grupo de Danza Tradicional “Alxibeira” do Padroado de Cultura de Narón.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es