Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OBRADOIRO SOBRE TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA PARA A MOCIDADE
Se celebrará o día 3 de novembro na Biblioteca Municipal, con entrada libre.
Narón, 28 de Outubro de 2011.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, organizará un Obradoiro sobre Técnicas de Oratoria e Comunicación, que se desenvolverá o xoves 3 de novembro no sótano da Biblioteca Municipal, en horario de 17:30 a 19:30 horas. Está dirixido á mocidade de entre 18 e 30 anos de idade, co obxectivo de facilitarlles información e formación sobre os recursos que teñen dispoñibles ó seu alcance. Esta actividade conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. O Obradoiro de Técnicas de Oratoria e Comunicación consta de cinco partes: -O arte de falar en público. -A confianza e a seguridade persoal. -A voz humana. -Técnicas de presentación en público. -Elaboración e exposición de discursos ou traballos. A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, animou a tódala xuventude do municipio a participar nestw obradoiro. “Temos que aproveitar ó máximo tódolos recursos que temos para a búsqueda de emprego, especialmente nos momentos que estamos a vivir na actualidade. Este obradoiro contribuirá a facelo, e tamén a mellorar ou completar a nosa formación”, engadíu.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal