Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INICIO DA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL 'CAMIÑO DE EMPREGO'
Destinado a desempregados de longa duración, que recibirán formación concreta en determinadas especialidades.
Narón, xoves 1 de decembro de 2011.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Mª del Mar Gómez, visitou hoxe o Centro Municipal de Formación ‘Irmans Froilaz’ (A Gándara) onde estase a desenvolver a segunda edición do programa municipal ‘Camiño Integrado de Emprego’, dirixido a persoas desempregadas que estean empadroadas en Narón, e teñan entre 18 e 60 anos de idade. Nesta segunda convocatoria, o Concello promove os seguintes cursos: -Fontanería: montaxe, instalación e reparación de interiores de auga fría e quente (12 alumn@s). -Iniciación á carpintería de madeira para traballos de reparación (12 alumn@s). -Limpeza de edificios e instalacións industriais (12 alumn@s). -Prevención de riscos laborais no sector da construcción (14 alumn@s). -Prevención de riscos laborais no sector naval (25 alumn@s). -Curso de medioambiente no sector naval (14 alumn@s). -Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos (25 alumn@s). -Igualdade de oportunidades entre o home e a muller (14 alumn@s). -Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego (30 alumn@s). Algúns destes cursos están xa realizándose, mentres que outros comenzarán nas vindeiras semanas. Ademáis, o Concello puxo en marcha no mes de novembro un Plan Integrado de Emprego, cuxo proceso de selección de participantes xa ten finalizado. Entrtevistáronse arredor de 500 demandantes de emprego remitidos dende o Servizo Público de Emprego, seleccionándose finalmente 100 persoas das que un 60% cobra prestacións e subsidios. Os perfís predominantes son mulleres (71 do total). Ademáis, hai unha parte proporcional de desempregados de longa duración e de difícil inserción, e 10 persoas con diversidade funcional. A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, destacou a importancia de ter seleccionado a persoas “cos perfís de máis difícil inserción, reforzando así o compromiso do Concello de Narón coas persoas que máis dificultades teñen e as que menos oportunidades de emprego atopan”. O obxectivo final do Plan Integrado de Emprego de Narón é insertar laboralmente a 40 destas persoas, unha tarefa a realizar no contexto da complicada e difícil situación económica e laboral. Para iso, tres orientadoras laborais –co apoio do equipo multidisciplinar do Servizo Sociocomunitario Municipal- traballarán para acadar este resultado, coas seguintes ferramentas: 1. Formación e reciclaxe profesional, ou de dotación de destrezas profesionais básicas segundo as necesidades das persoas participantes e do mercado laboral precario existente. 2. Visitas a máis de 300 empresas nos vindeiros tres meses, para a localización de posible emprego. 3. Asesoramento para a creación do autoemprego ás persoas participantes que así o demanden ou os que se lles aprecie capacidade para emprender. A duración do programa ten dúas fases. Unha primeira se desenvolve ata o 30 de abril de 2012, e a partir de ahí e ata o 30 de setembro de 2012 se rematará unicamente con persoal municipal, para garantir o seguimento e perfeccionamento na formalización de empregos da primeira fase do Plan.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal