Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE POSTAIS ELECTRÓNICAS E POSTAIS EN PAPEL PARA FELICITAR O NADAL EN GALEGO
O material é gratuito e pode descargarse na web ou ben recollelo no propio Concello.
Narón, luns 12 de Decembro de 2011.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Educación, ven de lanzar unha campaña para felicitar o Nadal en lingua galega entre a cidadanía. A iniciativa, que xa foi realizada con éxito durante as pasadas navidades, ofrece unha serie de material (postais en papel, postais electrónicas e modelos de textos para enviar por sms) que está disponible na páxina web do Concello (www.naron.es , no banner “Felicita o Nadal en galego”). Así, as postais en formato papel pódense descargar na web do Concello ou ben recollelas na 5ª planta do Concello, onde se atopa o Servizo de Normalización Lingüística. A postal electrónica está disponible na rede, en dous modelos diferentes e ofrece a posibilidade de personalizalas a través dun texto que redacta cada usuario. Finalmente, existe unha ampla variedade de textor de felicitación en lingua galega para enviar por sms. O Servizo de Normalización Lingüística foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña, denominado “Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2010-2011”. En Narón, pódese contactar con este servizo no teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1516) ou 607 223 794 (Adela) ou ben a través do enderezo de correo electrónico a.pita@naron.es

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal