Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E VITALDENT ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE EDUCACIÓN VIAL
A empresa colaborará na merca de equipación deportiva para o programa municipal de Educación Vial nos anos 2012 e 2013.
Narón, martes 27 de Decembro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o delegado da firma Vitaldent en Narón, Amador Lores, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de educación vial. Este acordo supón a primeira colaboración entre a administración municipal e esta empresa privada, para a realización de actividades de educación vial durante os anos 2012 e 2013 nos centros educativos de Narón. Ó amparo deste convenio,a empresa Vitaldent realizará unha donación de 1.000€ que irá destinada á merca de equipación deportiva relacionada coa educación vial, a través do equipo de educación vial do Concello de Narón. Como contraprestación, o Concello comprométese a que esta marca participe nos vindeiros dous anos nas actividades relacionadas co programa de Educación Vial Municipal, que desenvolven en Narón o equipo formado polo policía local Pedro Caneiro e o técnico de INEF Simón Cabarcos, nos colexios, institutos e escolas infantís de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal