Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBA OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2012
O documento contable, que ascende a 28,2 millóns de euros, foi aprobado sen nengún voto en contra.
Narón, Xoves 29 de Decembro de 2011.- A Corporación Municipal de Narón aprobou hoxe (cos votos a favor do goberno municipal, formado polos partidos TEGA, PSOE e BNG, e a abstención do PP e de Converxencia Galega) o Orzamento do Concello de Narón para o ano 2012, que ascende á cantidade de 28.275.226€, tanto en gastos como en ingresos. O resume do orzamento aprobado no Pleno de hoxe é o seguinte: Orzamento de ingresos Capítulo Ingresos 1. Impostos directos 11.532.000€ 2. Impostos indirectos 380.000€ 3. Taxas e outros ingresos 4.798.200€ 4. Transferencias correntes 9.019.394€ 5. Ingresos patrimoniais 130.103€ 6. Alleamento de inversións reais 0,00€ 7. Transferencias de capital 594.029€ 8. Activos financieiros 71.500€ 9. Pasivos financieiros 1.750.000€ TOTAL 28.275.226€ Orzamento de gastos Capítulo Gastos 1. Gastos de persoal 7.814.601€ 2. Gastos bens e servizos 11.932.120€ 3. Gastos financieiros 960.752€ 4. Transferencias correntes 2.692.912€ 6. Inversións reais 2.561.865€ 8. Activos financieiros 71.500€ 9. Pasivos financieiros 2.241.473€ TOTAL 28.275.226€ Ademáis do Orzamento do Concello, hoxe tamén foi aprobado o Orzamento do Padroado de Cultura para o exercicio de 2012, que ascende á cantidade de 1.322.750€. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, felicitou a tódolos grupos políticos por ter chegado a un certo nivel de consenso que permitiu aprobar os Orzamentos sen nengún voto en contra “o que demostra que en Narón temos unha forma diferente de facer política”; declarou o rexedor. Outro dos acordos aprobado hoxe foi a cesión ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dun terreo municipal de 6.142 m2 de superficie, situado en Freixeiro, para a construcción por parte da Xunta de Galicia dun novo Centro de Saúde. Esta proposta, que foi aprobada por unanimidade, inclúe o compromiso do Concello de asumir a construcciónn de accesos rodados e peatonais ó centro de saúde, ademais das obras de abastecemento, saneamento, suministro eléctrico, alumeado e telefonía. Coa cesión deste terreo, o Concello cumpre a súa parte do protocolo de colaboración entre o SERGAS e o Concello de Narón, aprobado polo Pleno Municipal na sesión celebrada o dia 18 de novembro de 2008. Ese acordo establecía a obriga municipal de ceder ó SERGAS unha parcela ordenada urbanísticamente para tal fin, e obter os permisos e autorizacións necesarios para as obras mencionadas. Para levar a cabo esta cesión, redactouse un Plan Especial de Dotacións, aprobado definitivamente polo Pleno o 24 de febreiro de 2011, a través do cal se ordenaron diversas parcelas e se iniciou a expropiación forzosa, polo sistema de taxación conxunta, dos bens e terreos necesarios contidos nese Plan. Noutro orde de asuntos, hoxe foi aprobada a achega municipal para o mantemento das Escolas Infantís Municipais (EIM) de A Solaina, Piñeiros e A Gándara en 2011. Ésta tivo que incrementarse ó disminuir en 2.500€ por escola a subvención concedida pola Xunta de Galicia para este ano (pasando de 45.454€ para cada EIM en 2010, a 42.953€ para cada EIM en 2011), para restablecer así o equilibro financieiro da concesión destas escolas. O Concello aportará entón os 7.500€ resultantes da disminución da achega autonómica. Pero tamén deberá abonar outros 60.000€ para compensar a reducción de ingresos pola baixada das taxas fixadas polo Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal