Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA MATRICULARSE NO CURSO DE MONITOR DE NATACIÓN
Organizado pola Federación Galega de Natación, se impartirá en Narón nos meses de febreiro e marzo.
Narón, 30 de Xaneiro de 2012.- O Concello de Narón e a Federación Galega de Natación (FEGAN) abriron hoxe o prazo de inscrición para realizar o primeiro Curso de Monitor de Natación, organizado pola federación en colaboración co Concello, quen cede as instalacións do Complexo Polideportivo de A Gándara para levalo a cabo. Os interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, logo de abonar a cota de inscrición e probas de acceso, fixada en 30€ (ingresarase na conta 0182-6221-65-0201500188, aberta na entidade BBVA a nome da Federación Galega de Natación). O prezo do curso é de 500€, e o alumnado que o remate e supere as probas obterá a titulación de Monitor de Natación expedida pola Federación Española de Natación. O curso realizarase en fins de semana durante os meses de febreiro e marzo de 2012, co seguinte horario: venres de 19:00 a 22:00 horas, sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e domingos de 10:00 a 14:00 horas –clases prácticas-. O profesorado do Curso de Monitor de Natación estará integrado por profesores/as e técnicos/as da Federación Galega de Natación, baixo a dirección do adestrador de natación Amando Guerrero. A duración do mesmo será de 55 horas lectivas de clase, máis 30 horas de prácticas. As horas lectivas distribuiranse en 5 semanas, a unha media aproximada de 9 horas/semana, quedando a semana número 6 para a realización do exame escrito final. Se impartirán as seguintes materias: ensinanza, psicopedagoxía, bases biopatolóxicas, e salvamento acuático. Os destinatarios deste curso son alumnos/as universitarios, estudantes, voluntarios de Protección Civil, socorristas titulados, etc… Para poder realizalo é necesario cubrir como mínimo 20 prazas, tendo preferencia na asignación das mesmas os candidatos empadroados en Narón e por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello. Para poder matricularse, é preciso ter 16 anos cumpridos no momento de formalizar a matrícula, e ter o Graduado en Educación Secundaria (ESO), e superar as probas de aptitude física. As probas de acceso ó Curso de Monitor de Natación terán lugar o día 11 de febreiro ás 13:00 horas, e o comezo do curso establécese para o 24 de febreiro. Un mes máis tarde, o 24 de marzo finalizará o mesmo, e o exame final (obrigatorio) se realizará os días 30 e 31 de marzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal