ABERTO O PRAZO PARA REGULARIZAR OS VAOS E PASOS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS
Os interesados poden actualizar as súas licenzas no Concello ata o vindeiro 27 de marzo.
Narón, 2 de Febreiro de 2012.- O Concello de Narón mantén aberto o prazo para a regularización de vaos e pasos de vehículos a través de beirarrúas, ata o vindeiro 27 de marzo de 2012.
A revisión dos vaos e pasos de vehículos realízase para actualizar os padróns fiscais do Concello. Os titulares de inmobles que non tramitasen a autorización dos vaos ou pasos a través das beirarrúas para o acceso de vehículos (fixados na Ordenanza Fiscal nº 27, Reguladora da Taxa pola Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local) deberán presentar a documentación sinalada na Ordenanza Reguladora da Expedición de Licencias de Vao e Reservas de Vía Pública ata finais do mes de marzo.
Transcorrido ese prazo, o Concello procederá á regularización de oficio e apertura do correspondente expediente sancionador no caso dos padróns fiscais que non estivesen ó día.