Un total de 43 persoas remataron con éxito as especialidades de Electricista de edificios, Soldador de estruturas metálicas e Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio.
Narón, 17 de Febreiro de 2012.- O Concello de Narón acolleu hoxe o acto de entrega dos 43 diplomas correspondentes ós alumnos/as que cursaron tres especialidades das Accións Formativas Dirixidas a Desempregados (AFD) nos últimos meses. En concreto, foron os cursos de Electricista de Edificios, Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras, e Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.
Os cursos AFD foron financiados pola Xunta de Galicia, e impartíronse no Centro Municipal de Formación “Irmáns Froilaz”, en A Gándara. O contido dos mesmos foi o seguinte:
-Curso de Electricista de Edificios (15 diplomas). Desenvolvido de xuño a novembro de 2011, cun total de 948 horas.
Contidos: montaxe, instalación, mantemento e reparación de liñas eléctricas de baixa tensión, cadros e automatismos eléctricos, maquinaria eléctrica, e instalacións de edificios.
-Curso de Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras (15 diplomas). Celebrado entre xuño e decembro de 2011, cun total de 1.033 horas.
Contido: distintas técnicas de soldadura lixeira.
-Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio (13 diplomas). De xullo a novembro de 2011, cun total de 618 horas de formación.
Contido: atención física e psicosocial en domicilio a persoas con necesidades de asistencia, e prácticas profesionais non laborais.
Ademáis, os tres cursos incluíron un módulo transversal de Inserción laboral, Sensibilización medioambiental e na Igualdade de Xénero, e Formación para a igualdade. No caso dos cursos de electricista e soldador, tamén se impartíu un módulo básico de Prevención de riscos laborais.
No acto de entrega de diplomas participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Luis Alvarez, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez.
A delegada de Emprego de Narón salientou que o Concello está a buscar a homologación de novas especialidades formativas, para contribuir a aumentar o índice de inserción dos programas municipais de emprego, fixado actualmente nun 36% dos alumnos que realizan os cursos.
Pola súa banda, o Alcalde de Narón felicitou ós alumnos/as que remataron con éxito os cursos, e destacou a importancia da formación laboral á hora de atopar un emprego. “Creemos que este é o momento de seguir preparándose porque as persoas que estean máis formadas serán as que antes se integren no mercado laboral”, declarou José Manuel Blanco.