Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ALCALDES DE NARÓN E SAN SADURNIÑO INICIAN UNHA COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS PARA COMPARTIR SERVIZOS
Os acordos inclúen o saneamento e a auga, a posta en valor do río Xuvia, e os servizos de Policía Local e Protección Civil.
Narón, 4 de Abril de 2012.- Os Alcaldes de Narón e San Sadurniño, José Manuel Blanco e Secundino García, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo en Narón na que se acordou iniciar unha colaboración entre ambos concellos “para chegar a acordos dos que se beneficiemos os dous municipios” sinalou Blanco. No caso de San Sadurniño, esta colaboración resulta aínda máis destacada posto que este concello non forma parte da mancomunidade de municipios de Ferrolterra, na que sí está integrado o Concello de Narón. A este respecto, o rexedor de San Sadurniño indicou que “en Narón sempre encontramos receptividade ás nosas demandas. E agora plasmaremos esta colaboración en diferentes convenios cos que iremos compartindo os servizos e o seu coste de mantemento, o que será positivo para ambos concellos”, declarou Secundino García. A colaboración entre administracións se materializará nos seguintes acordos: -Saneamento compartido nas zonas de Piñeiros (San Sadurniño) e A Portela (Pedroso, Narón) a través da EDAR da que dispón San Sadurniño. -Abastecemento de auga en zonas limítrofes e posibilidade de acordos coa empresa mixta COSMA, de Narón. -Posta en valor do val do río Xuvia, considerado un Lugar de Interese Cultural (LIC) e que discurre polos concellos de San Sadurniño, Narón e Moeche. -Convenio para a prestación dos servizos de Protección Civil e Policía Local de Narón en eventos e circunstancias excepcionais por parte do Concello de San Sadurniño. -Mellora da rede viaria que conecta Santa María e o Trece, que quedará pavimentada neste ano 2012. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou que estos temas “iranse executando durante esta lexislatura, na que tamén pretendemos incluir a outros municipios limítrofes coma poden ser Neda ou Valdoviño, para mellorar os servizos públicos e reducir o seu coste para as arcas locais”. O rexedor naronés destacou que o máis importante xa está conseguido, porque “existe unha vontade política de ambos concellos de colaborar”; concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal