Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E OITO CENTROS EDUCATIVOS DE NARÓN ASINAN CONVENIOS PARA REALIZAR ACTIVIDADES EN HORARIO ESCOLAR
A administración local invertirá perto de 30.000€ na realización de actividades medioambientais e educativas.
Narón, 4 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os directores de oito centros escolares do municipio asinaron hoxe un convenio de colaboración para realizar actividades educativas en Aldea Nova e no entorno do río Xuvia. En concreto, estos convenios contemplan a realización de obradoiros no parque temático de Sedes en materias coma a polinización das abellas, as árbores frutais, os planetas, as plantas, a prantación e recolección de alimentos, a agricultura ecolóxica, e os experimentos de física e química. Pero ademáis, os colexios poderán realizar outras actividades ó amparo deste convenio –durante este curso 2011/2012- tales coma visitas ó Concello, ó Punto Limpo Municipal, á sede de Protección Civil, etc… E tamén rutas para coñecer o noso patrimonio histórico e arqueolóxico, representado no Mosteiro do Couto, nos Muiños, e nos castros celtas, fundamentalmente. A relación de colexios que participan nestos convenios, e o importe asignado a cada un (en función do seu número de alumnos/as) é a seguinte: CEIP PONTE DE XUVIA (achega municipal: 2.695€) CEIP PIÑEIROS (3.049€) CEIP VIRXE DO MAR (2.806€) CPR SANTIAGO APOSTOL (3.942€) CPR AYALA (1.799€) CEIP A GÁNDARA (5.761€) CEIP A SOLAINA (5.828€) CRA NARÓN (2.595€) Importe total: 28.475 € O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou o “enorme esforzo feito por parte do Concello para desenvolver estas actividades, en colaboración cos centros escolares. Pero creemos que son cartos ben empregados, porque queremos implicar ós nosos nenos e nenas na aprendizaxe non só nas aulas senón tamén no exterior”, apuntou. Tamén a Concelleira de Educación, Mª del Carmen Espada, expresouse nos mesmos termos, apuntando que “son tempos difíciles e temos moitas necesidades que atender, pero sempre é útil invertir en educación porque os nenos de hoxe serán os adultos de mañá”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal