Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A VII CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN' CELÉBRASE OS DÍAS 1, 2 E 3 DE XUÑO
O moto club Fojeteiros organiza este evento, que inclúe as II Xornadas de Turismo Activo.
Narón, 23 de Maio de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa a VII Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ que se celebrará os días 1, 2 e 3 de xuño, organizada polo moto club Fojeteiros. O seu presidente, Santiago Galego, detallou hoxe os pormenores do programa, que inclúe as II Xornadas de Turismo Activo nas que tamén se percorrerán os concellos de Ferrol e Valdoviño. Neste evento tamén colabora a Deputación de A Coruña. O Concello de Narón aportará 10.000€ para a realización deste evento, que tamén sirve de revulsivo para a hostalería e o sector hoteleiro de Narón e comarca. “A concentración moteira é xa un evento consolidado dentro e fora de Ferrolterra” declarou Natalia Hermida. O programa é o seguinte: Venres 1 18:00 horas: Inauguración e apertura de inscricións. -Concerto de grupos noveis -Simulador de “caballitos” x-bike. -Concerto dos grupos: Sobraos Paciegos, Frik&Paldis, e Toni Torres&Five String Band. Sábado 2 10:30 horas: apertura de inscricións. -Ruta Mototurística. -Xogos en carpa -Simulador de “caballitos” x-bike. -Exhibición acrobática de Emilio Zamora. -Cena -Ruta de antorchas. -Conxuro Queimada. -Entrega de trofeos. -Festa Moteira. Domingo 3 -10:00 horas: almorzo moteiro. -Ruta mototurística. -Comida. -Sorteo de regalos. O prezo da inscrición é de 30€, e a data límite para realizar a preinscrición é o venres 25 de maio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal