Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA "QUE ME DÍS!!"
Os monólogos gañadores pódense ver nesta páxina web.
Narón, 22 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Educación, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os premios correspondentes á 3ª edición do Concurso de Monólogos en Lingua Galega “Que me dís!!” promovido polo Servizo Galego de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Educación. Este concurso tivo como obxectivo promover o uso da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, a través da gravación de monólogos (tanto en formato vídeo coma audio) que foron colgados na páxina web do Concello. O xurado do concurso estivo composto por Flor Maceiras (actriz e directora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón), José Luis Prieto (dramaturgo) e Adela Pita (técnica de Normalización Lingüística). A gañadora do concurso foi a naronesa Eva Castro Vigo, co monólogo “O peor é…”. O segundo premio foi para Iván González Cartelle, co monólogo “Mugardos” e o terceiro premio gañouno Juan González Bello co monólogo titulado “As salas de espera”. (O gañador do 3º premio non puido asistir ó acto de entrega) A relación de premios foi a seguinte: unha tablet (1º premio), un netbook (2º premio) e un smartphone (3º premio). A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, agradeceu hoxe a participación neste concurso, e anunciou que a vindeira edición abrirase a outros xéneros de monólogos, ata agora limitados á clave humorística. En sucesivas convocatorias permitiranse outros estilos coma o drama, a traxicomedia e mesmo a crítica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal