Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XXII FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE CELÉBRASE O SÁBADO 21 DE XULLO NO PAZO DA CULTURA
As invitacións para asistir son gratuitas, e xa poden retirarse nas taquillas do Pazo, en horario de 10 a 13 e de 19 a 21 horas.
Narón, 17 de Xullo de 2012.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa o XXII Festival Internacional de Folclore, que se celebrará o sábado 21 de xullo no Pazo da Cultura de Narón, ás 21:00 horas, con entrada de balde. As invitacións poden retirarse xa nas billeteiras do Pazo, en horario de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 horas. Nesta 22ª edición, os grupos participantes no Festival son os seguintes: -Banda de gaitas do Padroado de Cultura (Narón). -Grupo de danza tradicional “Alxibeira” (Narón). -Asociación Folklórica “Estrella y Guía” (Gran Canaria). -Istambul Sis Performing Arts Youth and Sports Club Society (Turquía). -Conxunto de Danza e Música “Rusia” (Krasnogorsk, Rusia). -Compañía de Danza Folclórica “Alma Huasteca” e “Mariachi Son de Hidalgo” (México). Unha parella de cada un destos grupos (ataviada co seu traxe) participará na recepción institucional que lles ofrecerá o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o vindeiro venres 20 de xullo no Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal