Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRACIÓN DA 12ª EDICIÓN DA FEIRA DO MEL E DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS
O domingo 28 de outubro, no recinto feiral do Trece (Sedes).
Narón, 25 de Outubro de 2012.- Os Concelleiros de Feiras e Mercados (Mª del Mar Gómez), Turismo (Mª Rodriguez Porto) e Medio Ambiente (Manuel Ramos) de Narón presentaron hoxe en rolda de prensa a XII Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos, que se celebra o domingo 28 de outubro no Recinto Feiral do Trece (Sedes), en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. En total, está confirmada a presenza de 29 expositores: 11 apicultores (procedentes de Narón, Ferrol, San Sadurniño, Vilaboa e Vigo, entre outros lugares) e 17 expositores de produtos ecolóxicos (de Ferro, Curtis, Caurel, A Coruña, Ortigueira, Mesía, Santiago, Pontevedra, Vilanova de Arousa, As Neves, Ponteareas, Melide, Bergondo e Ourense). Haberá ademáis dous obradoiros sobre Artesanía con cera, e Procesado de mel. Os produtos ecolóxicos que se ofrecerán nesta feira serán os seguintes: marmeladas, froita, aceite, iogures, queixos, embutidos, especies, grelos deshidratados, conservas do mar, xeados, e viño ecolóxico da denominación de orixe Mencía. A Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, animou a toda a poboación a achegarse a esta Feira do Mel, cuxa entrada é libre. Ademáis, comentou que como novidade este ano exporase unha gran colmea de cristal, que traerá a Asociación Galega de Apicultura (AGA), colaborador do Concello neste evento. Tamén a Concelleira de Turismo destacou a importancia deste evento, co que se espera que veñan a Narón persoas procedentes de toda a provincia e mesmo da xeografía galega. A este respecto, Mª Rodríguez Porto comentou que “dende o goberno local temos consolidada xa esta feira, e agora queremos convertir a Narón na capital galega da apicultura”, sinalou. Paralelamente, haberá unha degustación gratuita de queixo e mel con pan ecolóxico (de 11:30 a 12:30 h e de 17:00 a 18:00 horas), e sortearanse 13 cestas con produtos ecolóxicos. Ademáis, coincidindo coa Feira do Mel durante o domingo poderá visitarse no Recinto Feiral do Trece a exposición “O patrimonio marítimo de Galicia” producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF). A mostra consta de 12 paneis nos que se recollen fotografías que contribúen a revalorizar o patrimonio marítimo galego, dende as súas múltiples manifestacións naturais, históricas e culturais co fin de recuperar e protexer o acervo cultural mariñeiro galego. O programa da XII Feira do Mel compleméntase con dous xornadas técnicas de apicultura, organizadas polo Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura (AGA), a través dun convenio de colaboración entre ambos, tal e como sinalou o Concelleiro de Medio Ambiente. O edil Manuel Ramos explicou que a primera charla celébrase hoxe dia 25 de outubro (de 19 a 21 horas) a cargo de Marcos Varela Lorenzo (enxeñeiro agrícola de Lugo) quen falará sobre “Novo etiquetaxe de produción primaria”. E a seguinte charla está convocada para o martes dia 30 de outubro (de 19 a 21 horas) a cargo de Xesús Asorey Martínez (biólogo e consultor apícola de Santiago) quen falará sobre o “Observatorio apícola. Evolución da apicultura nos derradeiros anos”. Ambas conferencias se celebran nas instalacións do parque temático rural Aldea Nova (Sedes).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal