Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN
Dirixidos a persoas empadroadas en Narón e demandantes de emprego.
Narón, 31 de Outubro de 2012.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, abre o luns 5 de novembro o prazo de inscrición para os cursos de formación “Camiño do Emprego III”. Trátase da terceira edición destos seminarios, dirixidos a demandantes de emprego empadroados en Narón. Estos dous son os únicos requisitos para inscribirse no programa. As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá, do 5 ó 16 de novembro. Posteriormente, deberán participar nunha entrevista de selección/orientación que terá lugar no Centro de Formación Irmáns Froilaz, os días 19 e 20 de novembro. O programa “Camiño de Emprego III” ofrece os seguintes cursos: -Curso de agrogandeiría: 12 prazas (400 horas) -Curso de construcións metálicas: 12 prazas (300 horas) -Cursos de habilidades múltiples laborais: Prevención de risco e xestión medioambiental: 50 prazas (60 horas) Alfabetización dixital para o emprego: 30 prazas (25 horas) Atención ó público en actividades laborais: 12 prazas (75 horas) Atención en cafeterías e restaurantes de calidade: 12 prazas (75 horas) Habilidades para o autoemprego: 30 prazas (10 horas) Manipulador de alimentos: 50 prazas (10 horas) Con estos programas, o Concello trata de ofrecer unha formación polivalente ós desempregados, deseñando cursos específicos para tódolos sectores económicos: primario, secundario e terciario. Ademáis, a Concellería de Formación Laboral e Emprego continúa apostando tamén polo autoemprego, orientando laboralmente e axundando ós interesados a crear emprego autónomo. O Concello ofrece asesoramento dunha técnico de emprego e dunha orientadora laboral, no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1107 e 1123).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal