Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REUNIÓN COA DIRECTIVA DO EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR
O Concello de Narón manifestou o seu interés por entrar a formar parte desta rede, para potenciar temas coma o turismo, a tecnoloxía ou o medioambiente.
Narón, 21 de Novembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, recibiron hoxe no Concello á directiva do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Por parte desta entidade asistiron o Secretario Xeral, Xoan Vazquez Mao, e a responsable de Programas e Cooperación, Rita Fidalgo Oitavén. Trátase da segunda reunión de traballo que se produce entre o Concello de Narón e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, para tratar a posible integración de Narón nesta rede. O Alcalde confirmou hoxe o interés do Concello por entrar a formar parte desta entidade, e participar nos programas que se desenvolven a nivel comarcal e a nivel xeral, en temas de interese para os concellos coma a tecnoloxía, o turismo ou o medioambiente. A incorporación de Narón ó Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular podería materializarse en febreiro do ano 2013, tal e como explicou o seu Secretario Xeral. Primeiramente haberá que iniciar o procedemento formal de adhesión, sometendo a integración de Narón á votación do resto dos integrantes do Eixo, mediante unha asamblea xeral. Emitido o ditame favorable, as cidades membros do Eixo deberán pronunciarse tamén de xeito individual. O proceso durará entre 2 e 6 meses, polo que a data máis probable para formalizar esta adhesión é o segundo mes do vindeiro ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal