Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA ORGANIZACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE NARÓN
O Concello Pleno acordou en sesión celebrada o día trece deste mes de xullo as directrices da nova organización municipal naronesa. Tales decisións adoptáronse co voto favorable de todo los representantes políticos que integran o máximo órgano representativo do Concello.
Asimesmo acordouse fixar a celebración dos plenos de carácter ordinario para o derradeiro xoves de cada mes ás dezanove horas. Créase a Xunta de Portavoces e catro comisións informativas permanentes: Urbanismo, Obras e Servizos; Actividade Social; Asuntos da Muller e Contratación, Persoal e Xestión Presupostaria. En elas se atopan representadas a totalidade das formacións políticas do Concello mediante a designación de concelleiros e concelleiras. Igualmente procedeuse nesa sesión á designación nominal das persoas que haberán de representar á institución municipal en diversos organismo e entidades das que o concello naronés forma parte. Así D. Juan Gato Díaz ostenta a representación municipal na Mancomunidade de municipios da Ría e nos padroados das Fundacións Parque Científico Tecnolóxico Río do Pozo e Terra de Trasancos. Tamén presidirá a Xunta Xeral de Accionistas e o Consello de Administración da empreas mixta municipal de augas, COSMA. No Consello de Administración desa mercantil tamén estarán representados os demais grupos políticos municipais a través de D. Julio Bellas Seselle (TEGA); D. José Carlos Díaz Ramil (PP); D. Pablo Villamar Díaz (BNG) e Dª Catalina Mª García Blanco (PSdeG-PSOE). D. Serafín González Pena acompañará ao Alcalde no padroado da Fundación PCT Río do Pozo, mentres que D. Manuel A. Ramos Rodríguez será o representante municipal na Asociación Costa Ártabra; D. Pablo Villamar Díaz no Padroado de Mellora do Medio Rural e no Consorcio do Camiño Inglés e Dª Catalina Mª García Blanco no Fondo Galego de Solidaridade e no Consorcio Galego de Servizos Sociais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal