A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DA COMARCA (AECOFE) ORGANIZA O PROGRAMA "FERROLTERRA 12"
Do 1 ó 12 de decembro, haberá actividades culturais, deportivas e lúdicas en diferentes lugares da comarca, entre eles Narón.
Narón, 29 de Novembro de 2012.- A presidenta da Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrol (AECOFE), Ana Armada, presentou hoxe en rolda de prensa o programa FERROLTERRA 12 Doce días por la integración, que terá lugar do 1 ó 12 de decembro. Trátase dunha proposta de actividades lúdicas e de ocio, cuxos beneficios irán destinados integramente a axuda social.
Na presentación desta iniciativa, estivo acompañada polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, xa que o Concello colabora con AECOFE a través da cesión de espazos e infraestructura para poder desenvolver as actividades que se realizarán en Narón, ademáis dunha axuda económica.
AECOFE ten convocadas as seguintes actividades: bingo solidario, showroom nupcial, exhibición de bailes e patinaxe, marcha ciclista, desfile de novos deseñadores, movilteca, espectáculo de maxia e teatro, ginkana do comercio, fútbol solidario, chocolatada, showroom winter-fall, regata de remo, networking financiero, seminario de coaching, cata de vinos, e 12 mulleres sen vergoña.
Esta última proposta desenvolverase no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, o mércores 12 de decembro, ás 19:00 horas. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, responderá a 12 preguntas formuladas por 12 mulleres do municipio (representantes do mundo empresarial, veciñal, cultural, deportivo, social, etc
).
Ademáis, durante tódolos días haberá un maratón fotográfico, recollida de xoguetes, concursos de escaparate, e sorteo de agasallos no xogo rasca e gaña.
Os beneficios que se recauden con estas actividades destinaranse integramente ás seguintes entidades: AFAL , Asociación de enfermos de Parkinson, Asociación de Minusválidos, Fundación Josep Carreras contra la leucemia, Cáritas, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Vida Activa, Teima, e Cociña Económica.
O calendario de actividades que se desenvolverán en Narón é o seguinte:
-Días 1 e 2 de decembro: Showroom nupcial, no Pazo Libunca (de 11 a 14 horas e de 16:30 a 19 horas). Exposición de produtos nupciais, desfiles e máis.
-Día 2 de decembro: Marcha ciclista, no paseo de Xuvia ás 11:00 horas.
-Día 5 de decembro: Partido solidario 12 días por la integración no Estadio da Malata, onde se enfrentarán o Racing de Ferrol e o Narón Balompé Piñeiros.
-Día 5 de decembro: Ginkana do comercio, coa realización de diversas probas polas zonas comerciais das cidades.
-Día 7 de decembro: Bingo solidario, no Hotel Husa Odeón.
-Dia 7 de decembro: movilteca na Praza da Gándara, con animación infantil.
-Día 8 de decembro: regata de remo polas augas da ría de Ferrol, coa colaboración do Club de Remo Narón.
-Día 9 de decembro: movilteca na Praza de Galicia, con animación infantil.
-Día 9 de novembro: movilteca e chocolatada solidaria, na Praza da Gándara. A beneficio de Cáritas e a Cociña Económica.
-Día 10 de decembro: Networking financiero no hotel Husa Odeón, ás 18:30 horas, coa participación de diferentes estamentos sociais que explicarán o seu punto de vista sobre a crise.
-Día 10 de decembro: Hotel Husa Odeón, de 11 a 14 horas, e de 16 a 19 horas, seminario de Coaching, obradoiro de cata de viños e liderazgo.
-Dia 10 de decembro: movilteca na Praza da Gándara, e animación infantil.
-Día 12 de decembro: 12 mulleres sen vergoña no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 19:00 horas.