Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO DE CARTEIS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Narón, 30 de Novembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os premios correspondentes ó I Concurso de Carteis conmemorativos do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O fallo do xurado foi o seguinte: 1º premio: “Non deixes que marquen a túa vida” de Laura Fernández Fernández (A Coruña). Premio: 300 €. 2º premio: “Non es o seu xoguete” de Maria Isabel Herrero Díaz (Narón). Accesit de 150 €. 3º premio: “Estreliña” de Isabel Nuñez Montero (non puido asistir á entrega, e enviaráselle por correo). Accesit de 150 €. O cartel gañador do primeiro premio estase a utilizar xa como cartel anunciador das actividades programadas con motivo do 25-N. O xurado do I Concurso de Carteis estivo composto pola Concelleira de Igualdade (presidenta), catro representantes da Comisión de Asuntos Sociais e Igualdade, dous representantes do mundo das artes plásticas, e un técnico do Servizo Sociocomunitario (con voz pero sen voto). Á hora de elixir ós premiados, tiveron en conta o impacto social positivo, a calidade artística e a orixinalidade dos traballos. A Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, destacou a importancia de que a xente se implique neste tipo de iniciativas “expresando o que pensa sobre este tema, e rexeitando toda clase de violencia de xénero”. Nos mesmos termos referíuse o Alcalde de Narón, quen engadiu que “Narón dende sempre estivo e está moi implicado na loita contra a violencia de xénero, pero precísase maís colaboración entre institucións para erradicar entre todos este mal da nosa sociedade”, declarou José Manuel Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal