Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE OS RISCOS DA INVASIÓN DA VESPA VELUTINA
As charlas levaranse a cabo en tódalas parroquias de Narón. Ademáis, promóvese un curso sobre técnicas de apicultura sostible
Narón, 30 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o responsable da Asociación Galega de Apicultura (AGA) en Ferrolterra, Rafael Díaz, presentaron hoxe en rolda de prensa a campaña informativa “Stop Vespa Velutina. Enemiga do Medio Ambiente” que se desenvolverá en tódalas parroquias de Narón, coa finalidade de dar a coñecer os riscos que conleva esta perigosa especie invasora para a natureza e para as persoas. A primeira charla terá lugar o sábado 4 de abril ás 19:00 horas no Local Social Municipal de O Val, e na mesma se proxectará un reportaxe audiovisual sobre a Vespa Velutina, a continuación celebrarase unha charla divulgativa e para finalizar se impartirá un obradoiro de elaboración de trampas. Esta campaña informativa está promovida pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Narón, en colaboración con AGA. A través da mesma preténdese concienciar á veciñanza sobre a dimensión do problema da Vespa Asiática, que está causando danos ós apicultores, madereiros e froiteiros, e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e para o medio ambiente. A Vespa Asiática é unha especie invasora moi perigosa para o equilibrio do ecosistema. No ano 2014 constatouse a súa presenza en varios puntos de Narón, e polo momento hai poucas medidas efectivas para frear o seu avance. As únicas son a destrución de niños e a captura de raíñas mediante trampas, nos meses de febreiro e de maio, que é cando saen da hibernación e crean novas colonias. Esta especie causa enormes danos coma os seguintes: -Reduce drásticamente a biodiversidade dos ecosistemas. -Importantes perxuicios económicos nos sectores apícola e frutícola (a dieta da vespa está composta por insectos e froita). -Na seguridade cidadá (a vespa ataca en grupo cando nota movemento arredor do seu niño). -Nos traballos forestais (os maderistas teñen que tomar moitas precaucións posto que a vespa velutina construie o seu niño nas partes altas das árbores). Ademáis destas xornadas informativas sobre a Vespa Velutina, o Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura organizan un Curso de Iniciación ás Técnicas de Apicultura Natural Sostible, co obxectivo de formar a novos pastores de abellas para que sexan capaces de levar axeitadamente un colmear familiar. Este curso terá unha duración total de 60 horas (20 teóricas e 40 prácticas) e iniciarase o sábado 11 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) no Local Social Municipal de Sedes. Non hai límite de prazas, e a matrícula do curso é gratuita. Os interesados poden formalizar a inscrición no enderezo dagaferrol@hotmail.com ou chamando ó teléfono 661 378 960. A parte teórica deste curso desenvolverase no Local Social Municipal de Sedes, e as prácticas no colmear didáctico situado no Monte Esperón (Sedes). O programa do curso de técnicas de apicultura sostible divídese en 4 bloques: -Importancia das abellas. Parte teórica: o ciclo biolóxico das abellas, o enxame, a colmea e o panal. Os abelleiros. Instalación do apiario. Parte práctica: visita a un apiario e inspección de colmeas. -Reproducción do apiario. Parte teórica: os individuos da colmea. Nocións de selección, Multiplicación do apiario, colocación das alzas para a colleita de mel, e calendario de traballos. Parte práctica: visitas a apiarios e prácticas de selección e reproducción. -Saúde das abellas. Parte teórica: a saúde das abellas e o medio ambiente. Sanidade apícola. Prevención de doenzas. Enfermidades da cría e dos adultos. Control de enfermidades e desinfección. Prácticas: visita a apiarios e identificación e control de doenzas. -Elaboración e comercialización de produtos apícolas. Parte teórica: a esmelga. Os distintos produtos das abellas. A cera, reciclado. A comercialización asociativa e produción primaria. Prácticas: visita a un local de extracción do mel. O curso finalizará aproximadamente a finais de setembro ou principios de outubro de 2015.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal