Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS CEN CANS PARTICIPARON NAS PROBAS DA PRIMEIRA XORNADA DA "V EXPOSICIÓN CANINA CONCELLO DE NARÓN"
A convocatoria desenvólvese os días 5 e 6 de marzo no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes
Narón, 5 de marzo de 2016. O recinto feiral do Trece, en Sedes, acolleu o inicio dos actos contemplados no programa da quinta edición da “Exposición Canina Concello de Narón”, organizada pola área de Feiras e Mercados que preside a edil Mar Gómez. Ás cinco da tarde comezou unha exhibición a cargo da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga) no exterior das naves do recinto e, unha vez rematada, iniciouse a exhibición, no que participaron uns cen cans. A concelleira naronesa entregou os trofeos aos galardoados nas categorías de Miss, Míster, King Kong e Pitufín. O Concello de Narón e a Sociedade Cinolóxica Galega –representada polo seu presidente, Javier Davila, e a tesoureira, Beatriz López- colaboran na organización desta convocatoria. A programación deste evento continuará o 6 de marzo, a partir das 11.00 horas, cunha exposición canina na que poderán inscribirse todos os interesados abonando unha cuota de 20 euros. Tralo desenvolvemento desta exposición entregaranse trofeos aos exemplares que reciban a mellor valoración dun xuíz internacional que acudirá ás probas, puntuables para o campionato autonómico. Antes de rematar a programación procederase á entrega dos diplomas aos gañadores do campionato galego de 2015. A concelleira de Feiras valorou a elevada participación neste evento e recordou aos veciños e veciñas que aínda terán o domingo día 6 a oportunidade de desprazarse ata o recinto feiral do Trece para gozar desta Exposición Canina Concello de Narón. “Poderanse ver de novo cans de moi diversas razas e coñecer máis polo miúdo as características dos exemplares máis valorados nas exposicións caninas, ademais de ofrecerse a posibilidade de obter o pedigree para os cans que non o teñan realizando os pertinentes trámites nun local habilitado dentro do recinto feiral do Trece”, apuntou Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal