Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN CONVOCA SEIS NOVOS CURSOS PARA DESENVOLVER ESTE ANO
O período de inscrición nas modalidades ofertadas abrirase o luns, día 26 de setembro, e as 139 prazas dispoñibles en total cubriranse por rigorosa orde de solicitude
Narón, 23 de setembro de 2016. A Concellería de Formación abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo de inscrición en seis novas accións formativas que se desenvolverán antes de que remate o ano. A edil responsable da área, Natalia Hermida, recordou que se trata de cursos dirixidos a desempregados da localidade maiores de 18 anos. As persoas interesadas en acudir poderán anotarse no Rexistro municipal ata o venres 30 de setembro, en horario de 8.30 a 13.00, debendo cumplimentar unhas instancias que poderán solicitar no propio Rexistro ou descargar da páxina web: www.naron.es. As prazas, un total de 139 para o conxunto das modalidades, cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Os cursos convocados son de “Atención ao público e habelencias comunicativas”, de 150 horas e con 15 prazas; de “Prevención de riscos laborais con Prevención de Riscos (P.R.) e Medio Ambiente (M.A.) Naval”, de 76 horas e con 20 prazas; “Medio Ambiente Naval e Prevención de Riscos Naval”, de 16 horas e tamén 40 prazas (20 en cada unha das dúas edicións); “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos”, de 5 horas e con 20 prazas; “Primeiros auxilios”, tamén con 20 prazas e de cinco horas, e, por último, “Operador carretilleiro/a e Operador de plataforma elevadora con certificación UNE”, de 35 horas e con 24 prazas (tamén con dúas edicións de doce alumnos ou alumnas cada unha). Os participantes na acción formativa de “Atención ao público e habelencias comunicativas” abordarán temas como os procesos de venda, a venda online, atención ao público e técnicas de autocontrol, entre outros. No que respecta aos de “Prevención de riscos laborais con P.R Naval e M.A. Naval” e “Prevención de riscos laborais e Medio Ambiente Naval” trátase de áreas máis específicas para o citado sector, apostando por unha formación demandada polas empresas de cara ao posible incremento do seu plantel, axustando en certo modo os contidos ao perfil que demandan as compañías, tal e como explicou a edil de Formación. Outra das modalidades ofertadas, de “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos”, dividirase en formación común e específica para os distintos sectores (alimentación, industria, hostalería). Así mesmo, o de “Primeiros auxilios” dará a coñecer sa técnicas básicas sobre a materia e a acción formativa de “Carretilleiro/a e Plataforma Elevadora Móbil de Persoal (PEMP) con certificación UNE” ensinará ao alumnado a manexar carretillas de manutención Tipo I e II según a normativa UNE 58451 e o de plataformas elevadoras de tixeira e de brazo articulado coa UNE 58923. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, subliñou que “máis dun centenar de veciños e veciñas de Narón desempregados terán unha nova oportunidade con estas accións formativas”. A edil destacou que “desde o goberno local continuaremos incidindo na importancia da formación de cara a axudar na medida das posibilidades da administración local a aquelas persoas da localidade que non teñen un traballo, para que poidan ampliar a súa formación sen ter que afrontar gastos relativos á mesma e incrementando as súas posibilidades de cara a poder acceder ao mercado laboral”. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602; 1120;1107 e 1123).
Descarga de archivos
Prevención de riscos e Medio ambiente
Tamaño:180,31 KB
Prevención de riscos laborais/Naval
Tamaño:181,96 KB
Primeiros auxilios
Tamaño:179,61 KB
Atención ao público
Tamaño:178,12 KB
Hixiene alimentaria
Tamaño:183,47 KB
Carretilleiro/a con PEMP
Tamaño:182,23 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal