Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA COLABORA COA AVV DO COUTO NA XXVI EDICIÓN DO CICLO TEMPO DE MÚSICA
As actuacións contempladas no programa, todas elas con entrada de balde, desenvolveranse cada domingo no local social da Picota entre o 1 e o 28 de outubro
Narón, 27 de setembro de 2017. O local social da “Picota”, na parroquia naronesa do Couto acollerá os domingos do mes de outubro os concertos do programa da vixésimo sexta edición do ciclo Tempo de música. O Padroado da Cultura colabora coa Asociación de Veciños do Couto na organización desta convocatoria musical, que dará comezo o vindeiro domingo, 1 de outubro, coa actuación da Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira. Todos os concertos comezarán ás 18.00 horas e a entrada será de balde, tal e como se indicou desde a organización. Na xornada do 8 de outubro será o turno da rondalla Lucero del Alba, de Neda e o día 15 do citado mes subiranse ao escenario os integrantes doutra rondalla, nesa ocasión de Bohemios, de Ferrol. A música coral voltará á programación do ciclo Tempo de música o 22 de outubro, coas actuacións das agrupacións Don Diego de Muros, de Muros, e da Coral Polifónica da Sociedade A Gaiteira, da Coruña. Na última xornada, o 29 de outubro, actuarán o grupo Culpables, de Neda e, como é habitual nesta convocatoria, pechará o ciclo a coral Amistad, da Asociación de Veciños do Couto. Este evento conta ademais coa colaboración da Federación Coral Galega e da Deputación da Coruña. Desde o Padroado da Cultura e a AVV do Couto animan á cidadanía a asistir a esta xa tradicional cita no calendario de actividades impulsadas no último trimestre do ano pola citada entidade veciñal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal