Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA TEATRAL "DÚAS DONAS QUE BAILAN"
A representación terá lugar o venres 19 e o sábado 20 e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado de Cultura
Narón, 16 de outubro de 2018. A compañía Teatro do Atlántico estreará esta fin de semana en Narón a obra "Dúas donas que bailan". As actrices María Barcala e María Ángeles Iglesias protagonizan esta peza, de case dúas horas de duración. As entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As representacións programadas para esta fin de semana terán lugar o venres 19 ás 20.30 horas e o sábado 20 a partir das 20.00. "Dúas donas que bailan" conta a historia dunha muller maior e viúva que soña con viaxar a París e rematar unha colección de tebeos. Os seus fillos e o dono da vivenda na que vive a muller queren que deixe o piso libre pero ela resístese, co que a filla contrata a unha muller de mediana idade que lle faga as labores domésticas pero cuxa presencia non é ben recibida. A temática dos desafiuzamentos, a soidade da vellez, o alzheimer e o desencontro xeracional están moi presentes nesta obra de Teatro do Atlántico. A compañía, con 33 producións no seu historial, actuou en varias ocasións na cidade e realizou xiras por varias provincias españolas, acumulando máis dunha vintena de premios teatrais e a distinción do Premio da Crítica de Galicia 2016 na modalidade de artes escénicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal