Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DOS GRUPOS DE CANTO E PANDEIRETA DO PADROADO DA CULTURA LEVARÁ UN REPERTORIO DE PANXOLIÑAS ÁS ESCOLAS INFANTÍS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que a primeira convocatoria terá lugar o venres 14 de decembro na escola infantil municipal da Gándara
Narón, 13 de decembro de 2018. O alumnado dos grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura de Narón será o encargado de levar un ano máis ás escolas infantís do municipio un amplo repertorio de panxoliñas propias do Nadal. O obxectivo desta proposta é “aprenderlles aos nenos e nenas unha serie de cancións tradicionais galegas de Nadal, no que constitúe unha proposta lúdica pero ao mesmo formativa en canto á conservación das nosas tradicións”, apuntou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil explicou que a actividade se desenvolverá mañá ás 17.30 horas na Escola Infantil Municipal da Gándara; o mércores día 19 deste mes ás 10.30 horas no centro de A Galiña Azul de Xuvia; e finalmente o día 21 ás 10.00 na EIM da Solaina e ás 17.30 na de Piñeiros. Taibo recalcou que esta proposta enmárcase no programa Apego, que fomenta a socialización en galego desde a primeira infancia. Así mesmo, recordou que esta iniciativa municipal se remonta ao ano 2015, cando os alumnos e alumnas de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura se animaron a participar no que constitúe “unha actividade que avoga pola transmisión interxeracional da cultura e da lingua galegas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal