Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INAUGURA UNHA ESCULTURA PARA HOMENAXEAR E RECORDAR ÁS VÍTIMAS DO TERRORISMO
O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu o acto, ao que ademáis da concelleira de Benestar Social, Catalina García, acudiron outros representantes da corporación e Eduardo Aneiros Castro e Manuel Rodríguez Sanesteban, vítimas no seu día do terrorismo de ETA e veciños de Narón
Narón, 17 de xullo de 2019. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu esta mañá o acto de inauguración dun monumento en homenaxe ás vítimas do terrorismo. Sánchez Fojo estivo acompañado no acto pola concelleira de Benestar Social, Catalina García; o portavoz do PSOE, José David Pita, e edís de TEGA, PSOE e PP. En representación do colectivo ao que representa acudiron tamén Eduardo Aneiros Castro e Manuel Rodríguez Sanesteban, vítimas no seu día de actos terroristas, residentes en Narón, e aos que acompañou o presidente da Asociación de Vítimas do Terrorismo Santiago Apóstol, Ángel Pena. A escultura, “Mutilación”, é obra do artista luso afincado en Narón Manuel Patinha –tamén presente no acto- e está ubicada nunha zona verde da confluencia das rúas da Garda e Santa Tecla. A peza está realizada en mármore portugués e tal e como indicou o autor “dá unha idea de movemento dun ave e apréciase na pel uns saíntes que representan cousas que son inesperadas e nos afectan a todos”. “Estamos celebrando un acto enmarcado nun acordo plenario para que non se volva a repetir máis no estado Español ningún tipo de terrorismo nin actos violentos sabendo que a forza a teñen as palabras e non as pistolas”, asegurou Sánchez Fojo. O alcalde accidental da cidade agradeceu a presencia no acto de Eduardo Aneiros e Manuel Rodríguez, veciños ambos de Narón e tamén do presidente da Asociación Galega das vítimas do terrorismo Santiago Apóstol. Así mesmo, a concelleira de Benestar Social, Catalina García, tamén agradeceu a asistencia ao acto de tódolos asistentes e leu o acordo plenario a través do que se materializou esta iniciativa. Eduardo Aneiros, que era Policía nacional, sufriu un atentado da banda terrorista ETA o 27 de xaneiro de 1980 cando ía nun bus con trinta compañeiros e outras dúas furgonetas. Circulaban pola autopista que conecta Bilbao e San Sebastián, donde os estaban esperando e lles dispararon con ametralladoras dende o alto dun túnel. “Según a miña muller que viu despois a furgoneta aquilo parecía un colador e o condutor da nosa furgoneta tiña un tiro nun hombro e dous no ventre e a min impactoume a bala no codo e teño todo o brazo cheo de plomo, cicatrices enormes e problemas coa mobilidade da man e do brazo”, recordou Aneiros. Pola súa banda, Manuel Rodríguez, médico de profesión, agradeceu ao Concello “o feito de acordarse de nós”. En canto ao seu caso particular, que tamén foi vítima do terrorismo de ETA o 25 de novembro do ano 1985 en Pasaje, en San Sebastián, ao lado de donde vivía, “mataron a un mariñeiro condutor; eu era médico da Marina, el tiña 26 anos e eu 28 e a min déronme con seis tiros, a famosa “tigresa” e estiven en cadeira de rodas, retiráronme da Marina”, explicou. “Tes momentos nos que te caes pero hai que dar grazas tamén á Virxe do Carme que ten un manto moi grande que a algúns nos protexeu porque íamos varios nun autobús”, recordou Rodríguez. O goberno local naronés dá cumprimento con este acto a un acordo plenario no que se aprobou facer un monumento a tódalas vítimas do terrorismo nunha praza do Concello “en recoñecemento institucional do valor humano na súa máxima expresión e pola dignidade coa que teñen sufrido un mal inconmensurable en nome de todos”. Así mesmo, na sesión plenaria aprobárase unha declaración institucional sobre as vítimas do terrorismo “tanto ás que o sufriron e sofren de xeito cotiá na actual democracia como as que anteriormente o padeceron para conseguila”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal