Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA ASOCIACIÓN ÁUREGA UNHA CONFERENCIA SOBRE "PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA ÁS ALTAS CAPACIDADES DE GALICIA"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo presentou o evento, que se desenvolverá este sábado, con Lara Caro e Begoña Ramos, integrantes de Áurega
Narón, 5 de febreiro de 2020. O Concello organiza a conferencia “Protocolo de atención educativa ás Altas Capacidades (AACC) de Galicia”, en colaboración coa Asociación Áurega e que se celebrará este sábado, día 8, nas instalacións do Auditorio municipal. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que presentou o evento con Lara Caro e Begoña Ramos, vogal e secretaria, respectivamente, da citada entidade. O evento desenvolverase entre as 17.00 e as 18.30 horas e a entrada é de balde. Da presentación do acto encargarase o presidente de Áurega, Marcos Castro, e a poñente será Miriam Fernández, cofundadora de Latento AACC. A asociación Áurega é unha entidade sen ánimo de lucro de familias de nenas e nenos con altas capacidades, talentos e/ou inquedanzas intelectuais. O Concello organiza ao longo do ano varias charlas informativas dirixidas ao colectivo e en colaboración coa entidade, tal e como recordou Taibo. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a acudir a esta convocatoria, na que a maiores de presenciar a conferencia terán a oportunidade de solventar calquera posible cuestión vencellada ao traballo de Áurega.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal