Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ASESORÍAS E OS OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL DIRIXIDAS A ALUMNADO DE CENTROS DA CIDADE CONTINÚAN DE XEITO TELEMÁTICO
A atención a este programa realízase a través de correo electrónico, antedendo as dúbidas e consultas que poidan xurdir, tal e como explicou o edil de Mocidade, Pablo Mauriz
Narón, 18 de maio de 2020. O Concello de Narón continúa desenvolvendo, vía telemática, a programación das Asesorías de Educación afectivo-sexual e dos Obradoiros de coeducación afectivo-sexual “Sexo con-sentido”. Trátase de dúas propostas impulsadas a través da Concellería de Mocidade, que dirixe o edil Pablo Mauriz, e nas que colabora a Concellería de Ensino, presidida por Mercedes Taibo. As actividades das asesorías diríxense a alumnado de todos os niveis de ESO e Bacharelato, mentres que nos obradoiros participa alumnado de segundo curso da ESO. A suspensión das clases nos centros de ensino tras decretarse o estado de alarma levou a atender as consultas das asesorías a través do mail do programa (peas.sexoconsentido@gmail.com), dende donde tamén se facilitan aos centros propostas de actividades e recursos para que o alumnado poida seguir aprendendo e reflexionando sobre este tema. “O obxectivo das Asesorías de educación afectivo-sexual é atender as consultas e as dúbidas que se poidan plantexar entre a comunidade educativa, ao tempo que facilitarlles información a través de diferentes recursos sobre cuestións relacionadas coa sexualidade e a afectividade”, recordou Mauriz. No segundo trimestre do actual curso escolar comezaron a desenvolverse os Obradoiros de coeducación afectivo-sexual “Sexo con-sentido”, se ben tal e como indicou o edil de Mocidade, os grupos que quedaban pendentes de realizalos nos centros poden facelo de xeito virtual, a través de videochamadas nas que os rapaces e rapazas poderán formular preguntas e manifestar a súa opinión sobre os temas abordados. O alumnado disporá tamén dunha unidade didáctica sobre o programa e poderá realizar preguntas a través do mesmo correo electrónico facilitado para as Asesorías de educación afectivo-sexual. “Xa se están recibindo algunhas consultas online que se están atendendo nestes tempos de confinamento nos que as emocións e as relacións socio-afectivas virtuais están moi presentes”, apuntou Mauriz.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal