Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES DURANTE O CURSO 2020-2021
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que os trámites poderán realizarse ata o vindeiro 14 de agosto, incluído
Narón, 24 de xullo de 2020. O Concello manterá aberto dende o vindeiro luns, día 27, ata o 14 de agosto (ambos incluídos) o prazo para solicitar axudas municipais para adquisición de material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e as de comedor para centros concertados no curso académico 2020-2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial. Diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as de material escolar e de: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as dos comedores escolares. Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral. As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas beneficiarias destas axudas, a documentación a presentar ou o impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal