Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALGO MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS SAUDARÁN HOXE AOS REIS MAGOS NO PAZO DA CULTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu a Melchor, Gaspar e Baltasar, que ao longo do día de hoxe saudarán ás nenas e nenos de Narón que se acheguen ao Pazo da Cultura
Narón, 5 de xaneiro de 2021. O Pazo da Cultura acolle hoxe aos Reis Magos de Oriente, que realizan unha parada antes de proceder a entregar os agasallos ás nenas e nenos de Narón. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudiu esta mañá á recepción a Melchor, Gaspar e Baltasar, aos que deu a benvida no seu nome propio e no das nenas e nenos e agradeceulles que acudiran ao convite realizado dende o Concello. Máis de medio milleiro de persoas poderán ver ao longo do día de hoxe ás Súas Maxestades de Oriente e conversar con eles no Pazo da Cultura. Á súa chegada, Baltasar agradeceu o convite e asegurou que intentarían cumprir os desexos dos menores. Pola súa banda, Gaspar sinalou que a viaxe ata Narón “foi moi longa e difícil” pero asegurou que estaban contentos de poder visitar esta noite as casas das nenas e nenos de Narón. O rei Melchor valorou tamén o recibimento que tiveron e pediu aos menores que esta noite se deitasen cedo para poder ver pola mañá os seus agasallos. Ao longo da mañá e da tarde, de 11.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 21.00 horas, os tres Reis Magos escoitarán ás nenas e nenos e preguntaranlles que tal se portaron este ano. As entradas para poder velos había que reservalas previamente e xa se esgotaron hai uns días, o que constata que a convocatoria resultou todo un éxito. As persoas con entrada acceden en grupos, acompañados polos paxes reais e cumprindo con todas as medidas sanitarias establecidas con motivo da actual pandemia, entre elas a habilitación dunha zona para entrar e outra para saír do Pazo da Cultura, evitando que os asistentes teñan que cruzarse no traxecto a percorrer. Dende o pasado 21 de decembro puidose visitar no Pazo a Cidade dos Agasallos, un espazo habilitado especialmente para recibir os Reis Magos hoxe e para que dende o día 21 as nenas e nenos que quixesen depositasen as súas cartas, aínda poderán facelo hoxe como último día, no Correo Real que se instalou nas citadas instalacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal