Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA DE EDUCACIÓN POPULAR EXTRAESCOLAR LEVARASE A CABO NESTE CURSO 2009-2010
O Concello contratará a seis desempregados para desenvolver os obradoiros
Narón, 26 de Agosto de 2009.- O Concello de Narón porá en marcha durante o vindeiro curso escolar 2009-2010 un programa municipal de educación popular extraescolar denominado “Alza”, para o cal se contratará a seis traballadores desempregados, segundo informou a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas. Os traballadores contratados serán un Educador Social e cinco técnicos de Animación Sociocultural, que desenvolverán este programa de actividades dirixido a nenos/as de 6 a 16 anos, durante un prazo de seis meses (dende setembro ata marzo). Para desenvolver este programa, o Concello dispón dunha subvención da Xunta de Galicia por importe de 84.238 euros –cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo-, mentres que a administración municipal aportará un total de 7.294€ para axudar á contratación do persoal, e outros 12.000€ para gastos xerais. O programa “Alza” diríxese a escolares a través dos colexios e das ANPAS. A estos dous colectivos se dirixirá o Concello nos primeiros días de setembro, para darlles a coñecer este novo servizo que poderá impartirse nos centros en horario extraescolar, e tamén en prazas e lugares públicos de Narón. Dentro do mesmo ofértanse almorzos e xantares escolares nos colexios públicos de O Feal, A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, e o IES Terra de Trasancos. Tamén proxéctanse actividades extraescolares recollidas na guía de recursos municipais, e que superan a treintena en número. Incluso accións de educación popular non regulada dirixidas á poboación en xeral, como escola de nais e pais ou avós, e programas de educación para a saúde comunitaria. Coa realización deste programa, o Concello pretende incrementar e potenciar o uso dos comedores escolares para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, ó tempo que se dota de persoal especializado ás actividades extraescolares e de educación popular, contribuíndo a mellorar a súa calidade. Trátase, segundo o Alcalde e responsable de Ensino de Narón, Jose Manuel Blanco, “dunha vinculación máis do Concello coa calidade do ensino e dos servizos que se prestan ós escolares da nosa cidade”, declarou. O rexedor expresou a súa intención de manter este programa no tempo, dada a importancia social que terá para a comunidade educativa escolar. No que respecta ós traballadores contratados, dende o Concello se lles ofrece formación e experiencia profesional, xa que estarán integrados no Servizo Sociocomunitario Municipal, órgano que supervisará a execución deste programa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal