Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE DOUS DÍAS DA VINDEIRA SEMANA Á CIDADE
O vehículo da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue estrará os días 19 e 20 na cidade, concretamente na zona do Alto e na Solaina
Narón, 15 de abril de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase a vindeira semana á cidade. O vehículo estacionará o luns día 19 nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en horario de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas e na xornada do martes, día 20, localizarase en horario de mañá na mesma ubicación, entre as 9.30 e as 14.30 e pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina. Dende ADOS recoméndase ás persoas que acudan a doar sangue que reserven cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900 100 828. Antes da doazón é preciso almorzar e, no caso de xantar, deberanse esperar dúas horas para realizar a extracción. Ao persoal da unidade móbil haberá que presentarlle a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal