Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS VALES DA "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL" ORGANIZADA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, foron os encargados de entregar esta mañá os vales da campaña
Narón, 7 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron esta mañá no Concello os vales –por diferentes importes- da “Campaña de Nadal do comercio local”, organizada un ano máis polo Consistorio en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. A través desta iniciativa, deseñada para fomentar as compras no comercio local, entregáronse catro cestas con produtos de Nadal e vales de compra en establecementos locais por un importe conxunto de 3.000 euros, que obtiveron maioritariamente veciñas de Narón pero tamén de Neda e Ferrol. Ferreiro e Pita felicitaron ás persoas que gañaron os diferentes premios e agradecéronlles a confianza depositada nos comercios locais para realizar as súas compras, animándoos a seguir facéndoo para apostar polo comercio de proximidade. Así mesmo, dende o goberno local tamén se destacou a colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón para poder levar a cabo novamente esta iniciativa na cidade. As gañadoras dos dous vales por importe de 500 euros foron Coral Romero e Marta López e os de 300 foron para Sofía Permuy e Lucía López, podendo optar a eles as persoas que subiron á web da campaña máis de catro tickets de compra nos comercios participantes. Os establecementos tamén tiñan opción a premio, que nesta ocasión foron vales por importe de 200 euros. Obtiveron os tres vales os establecementos Dyppo, Mari Josi e Franja. Así mesmo, resultaron premiadas con 100 euros para gastar en establecementos da cidade Mónica Cereijo e Ana Rocío Corral, por participar no concurso de Facebook; Victoria Romero, Marta López e Silvia Domínguez, que participaron no de vídeos e Ruth Tenreiro, Nuna Porto e Cristina Luaces, que o fixeron no concurso de fotografías. Fomentar a fidelización da clientela e a difusión nas redes sociais estaban tamén entre os obxectivos desta iniciativa na que se apostou pola dixitalización. Os vales poderán gastalos ata o vindeiro 15 deste mes nos comercios que se adheriron a esta campaña, que dispoñen da pertinente identificación e que tamén se poden consultar a través da páxina web: www.comerciodenaron.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal