Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DOUS CURSOS DA PLATAFORMA CEMIT SOBRE "BUSCA DE EMPREGO 2.0" E "FERRAMENTAS TIC PARA A GAMIFICACIÓN NA AULA"
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se ofrecen doce prazas para cada unha das accións formativas
Narón, 21 de maio de 2022. A plataforma Cemit abriu hoxe o prazo para inscribirse en dous cursos que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia, un sobre “Busca de emprego 2.0” e outro de “Ferramentas TIC para gamificación na aula”. A edil de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se ofertan un total de 24 prazas, doce para cada un dos cursos, que se comezarán a impartir a finais deste mesmo mes. O curso de “Busca de emprego 2.0” consta dun total de 52 horas formativas, que darán comezo o 31 de maio e rematarán o 16 de xuño en quenda de maña, de 9.30 a 13.30 horas. O contido que abordará o alumnado é sobre marca persoal na web 2.0, redes sociais aplicada á busca de emprego, redes sociais profesionais, currículo 2.0 para un recrutamento efectivo e portais 2.0 para a busca de emprego. No que respecta ao curso sobre “Ferramentas TIC para a gamificación na aula”, trátase dunha proposta formativa de 40 horas, que comezará o 31 de maio e rematará o 13 de xuño, neste caso en horario de tarde, de 16.00 a 20.00. Durante os dez días lectivos as alumnas e alumnos aprenderán que é a gamificación e tamén ferramentas propias como Perar Deck, Kahoot!, Edmodo, ClassDojo, Trivinet, Educaplay e Genially. As persoas interesadas en inscribirse no curso de “Busca de emprego 2.0” poden anotarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38835 e para o curso “Ferramentas TIC para a gamificación na aula” no enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38836.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal