Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRA ESTE VENRES UNHA EXPERIENCIA GOURMET PARA PROMOCIONAR O PEMENTO DO COUTO NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DO COUTO
O edil de Promoción Económica, David Pita, presentou os actos promocionais do pemento do Couto xunto coa xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez
Narón, 13 de xullo de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, presentaron esta mañá a Experiencia gourmet Pemento do Couto que se celebrará este venres, día 15, no Centro Cívico Social do Couto. Ás 19.00 horas, e ata as 20.00, o chef do restaurante “O Camiño do Inglés”, Daniel López, encargarase de realizar cinco elaboracións con pemento do Couto como ingrediente principal e de ofrecer unha elaboración moi innovadora para desestacionalizar este produto, de gran calidade e no seu pico de produción actualmente. Pita explicou que se trata dunha proposta aberta á participación da cidadanía en xeral, con capacidade para medio cento de persoas, prazas que se cubrirán por orde de chegada. Así mesmo, a partir do vindeiro luns, día 18, e ata o 29 de xullo, un total de dezaséis establecementos de hostalería da cidade participarán nunha campaña promocional do pemento do Couto. O edil de Promoción Económica avanzou que se servirán tapas con pemento do Couto entre os seus ingredientes, de balde, durante esas dúas semanas, período no que a clientela participará nun sorteo dunha cena valorada en 100 euros que se sorteará en cada un dos locais participantes. Os locais hostaleiros que participan son El Colonial, Australian, Nueva Orleáns, Silver, O Pío, La Perfecta, La Continental, La Bodeguilla, o ambigú de Xuvia, o Café Bar Félix, La Roldana, Tyché, Casa Sindo, O Rincón de Trini, Anacos y La Salmantina. A xerente da Cooperativa do Val recordou que, a maiores destas propostas, continúan á venda nas citadas instalacións e no local social do Couto os tickets para asistir este domingo á XXII Festa gastronómica do Pemento do Couto. Pola súa banda, Pita amosou a súa confianza en que as veciñas e veciños interesados en participar se acheguen o venres ao Couto e tamén degusten a partir da vindeira semana as tapas que se servirán con este saboroso produto como ingrediente principal. O Concello organiza os actos xunto coa Cooperativa do Val, a AVV do Couto e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal