Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA REMATOU HOXE A PROGRAMACIÓN ESTIVAL PARA RETOMAR A ACTIVIDADE EN SETEMBRO
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, visitou hoxe ás nenas e nenos que acudiron á xornada de remate de actividades nas instalacións, que se retomarán en setembro
Narón, 29 de xullo de 2022. Unha vintena de menores asistiron durante este mes de xullo ás actividades programadas na Ludoteca municipal da Solaina. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, desprazouse esta mañá ás instalacións para conversar coas nenas e nenos que acudiron na última das xornadas, na que os menores se despediron ata o vindeiro mes de setembro, cando retomará a súa actividade habitual. Taibo felicitou aos rapaces e rapazas, que lle contaron parte do traballo realizado durante estes días e tamén a visita que o pasado mércores realizaron á Casa do Mel, en As Pontes, na que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o mundo das abellas e degustar varios tipos de mel. Así mesmo, durante este mes realizaron tarefas de pintura e manualidades cunha temática común, coñecer as diferentes culturas do mundo. Exipto, México, Grecia.. foron algúns dos países que centraron as propostas que levaron a cabo na Ludoteca, donde non faltaron as pirámides, a tecedura e o teatro, entre outras actividades. As nenas e nenos, de entre 3 e 12 anos, dividíronse en dous grupos, de 3 a 6 e de 7 a 12 para levar a cabo as diferentes propostas según a súa idade. A Ludoteca municipal da Solaina abriu este mes as súas portas de 10.00 a 14.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal