Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA O PARQUE MÓBIL DA POLICÍA LOCAL CON DÚAS NOVAS MOTOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as dúas novas motos están xa operativas e explicou que se retirarán outras dúas do parque móbil e cunha antigüidade de máis de vinte anos
Narón, 1 de agosto de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá xunto ao edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, as dúas novas motos con que contará o parque móbil do citado Corpo. Trátase, tal e como indicou a rexedora local, de dúas Yamaha modelo Tracer 900, cun chásis deportivo de gran versatilidade, bastidor lixeiro de aluminio fundido, iluminación led completa e cun motor CP 3 de 890 centímetros cúbicos. “As dúas motocicletas xa están operativas, polo que dende agora pasarán a percorrer as rúas da cidade”, asegurou a alcaldesa, que explicou que coa entrada en funcionamento das novas, daranse de baixa dúas motos antigas, que tiñan máis de vinte anos. “O parque móbil da policía local queda formado por nove vehículos, de diferentes características e prestacións, aos que se suman estas dúas novas motocicletas”, apuntou. O Corpo da Policía Local intégrano na actualidade un total de 38 axentes, aos que se suman dous que están realizando as súas prácticas estes meses na cidade, tal e como indicou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal