Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU A RECEPCIÓN AOS SETE MENORES SAHARAUIS QUE PARTICIPAN ESTE ANO NO PROGRAMA "VACACIONES EN PAZ"
Marián Ferreiro recibiu aos sete nenos que pasarán o verán con familias de Narón acompañada polos voceiros do PSOE, David Pita, e PP, Germán Castrillón, a edil de Benestar Social, Catalina García, e a representante na zona da Asociación Solildariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez
Narón, 4 de agosto de 2022. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá, ás 11.00 horas, a recepción oficial aos menores saharauis que este ano participan no programa “Vacacións en Paz”. No acto estiveron tamén presentes os voceiros do PSOE, David Pita, e do PP, Germán Castrillón, así como a concelleira de Benestar Social, Catalina García e familias da cidade que acollerán durante este mes, e ata comezos de setembro, aos menores. Un total de sete menores pasarán estes días na cidade, con seis familias, xa que unha acolleu a dous nenos. Todos eles pasarán o seu primeiro verán fóra dos campamentos de refuxiados saharauís de Tinduf, en Arxelia, e estes días estanse familiarizando co idioma. Así mesmo, realizan xa as pertinentes revisións médicas, como a visita ao oftalmólogo, aproveitando a súa estancia no municipio. Ferreiro deu a benvida aos menores e agradeceu o traballo da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, representada na comarca por Maite Martínez, e tamén subliñou a importancia “de contar con familias que se impliquen neste programa de Vacacións en Paz, porque sen todas e todos eles sería imposible levalo a cabo e ofrecer aos menores saharauis esta oportunidade de saír dos campamentos de refuxiados durante, neste caso, mes e medio”. Pola súa banda, Maite Martínez tamén destacou a axuda do Concello de Narón e a colaboración das familias, ás que definiu como “a columna vertebral deste programa”. Tralas intervencións os representantes da corporación local entregaron aos menores saharauis unhas mochilas e unhas golosinas. Dende o Concello entregaráselles tamén a cada un un cheque por importe de 60 euros para compra de material escolar na libraría local Din & Don. Despois de realizar unha fotografía de recordo todos eles desfrutaron dun almorzo xuntos. Nos vindeiros días, tal e como avanzou García, visitarán as instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis), realizarán un percorrido en vehículos 4x4 e realizarán algunhas visitas pola zona, como á Confraría de Barallobre e ao parque acuático de Cerceda, entre outras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal