Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O FESTIVAL JAZZ DE RÍA ARRANCA A VINDEIRA SEMANA A SÚA SEXTA EDICIÓN NOS CONCELLOS DE CEDEIRA, NARÓN E NEDA
A vila de Cedeira acolleu esta tarde unha pequena festa de benvida na que se anunciaron novas colaboracións e presentáronse as medidas de sostibilidade para reducir case ao cento por cento o plástico dun só uso
Narón, 4 de agosto de 2022.- O festival arrancou esta tarde cunha festa de benvida na praia da Madalena, en Cedeira, onde está previsto celebrar o concerto de apertura o próximo xoves. No acto participaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o alcalde de Neda, Ángel Alvariño; o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda; o concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez; a concelleira de Cultura de Neda, Verónica Vigo; o técnico de Cultura de Cedeira, Quique Vázquez; e a directora do festival, Aitana Cuétara, que presentou as novas colaboracións e parceirías do festival. Dun lado, súmase Cervezas Alhambra, en liña coa súa aposta por crear experiencias musicais únicas, que conviden a gozar das súas cervexas coa mellor banda sonora. Ademais, este ano a música que sonará antes e despois dos concertos, durante todo o festival, é unha escolla feita especialmente para o Jazz de Ría por Ábrete de Orellas, medio especializado con sede en Narón, dúas veces gañador do Premio Martín Códax da Música a mellor espazo de comunicación musical. Medidas de sostibilidade A directora do festival tamén presentou as medidas adoptadas para tentar eliminar case ao 100% o plástico dun só uso. Grazas á colaboración con Cervezas Alhambra, o festival contará con botellas reutilizables para a auga de todas as artistas e a equipa; e co apoio de Ecoembes estarán dispoñibles todos os contedores necesarios para facilitar a xestión dos residuos que se xeren durante o festival. Ademais, recupérase a "operación ecovaso", para animar ás persoas asistentes a que leven os seus vasos reutilizables de casa; e para quen non leve o seu ecovaso, nas barras haberá vasos de cartón 100% reciclables. O Jazz de Ría recibiu en 2021 o Premio Organistrum Extraordinario nos Premios Martín Códax da Música, polas súas boas prácticas de sostibilidade e igualdade, en materia laboral, e na integración no entorno, entre outras cousas Programación Do xoves 11 ao sábado 14 de agosto, o festival ofrecerá unha programación que se achega ás marxes do jazz a través de propostas que xogan con outros estilos como o soul das Sey Sisters, o flamenco de Los Aurora ou as músicas populares d'A Brigada Bravo&Díaz. Como en cada edición, a programación está deseñada para cada localización concreta, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría. Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis. O roteiro ornitolóxico polo Río Belelle, organizado pola Sociedade Galega de Historia Natural o domingo dentro da primeira parte da actividade Ornithology tivo unhae excelente acollida e xa están agotadas todas as prazas. Xusto a continuación da ruta, na Área Recreativa de Maciñeira, está prevista a actuación de Pablo Castaño & Celso F. Sanmartín substituíndo a Quico Cadaval que por motivos de forza maior non poderá estar. Neste caso, o aforo é ilimitado e o acceso é libre, polo que non é preciso reservar. O vindeiro xoves 11 de agosto ás 21.30 horas acturará no Parque de San Isidro, en Cedeira, David Regueiro Trío, que convida a Alexandre Cavaliere. Na segunda das xornadas o venres 12, a cita musical será no Parque de Freixeiro, en Narón, donde actuarán Los Aurora e Sumrá a partir das 21.30 horas. O sábado 13 a música trasladarase pola mañá, ás 13.00 á ribeira de San Nicolás, en Neda, con Brigada BRavo & Díaz, para regresar de novo a Narón pola noite, ás 21.30 horas, cando actuarán no Parque de Freixeiro Nicotine Swing e The Sey Sisters. Finalmente, o domingo 14 en Neda levarase a cabo ás 11.00 horas a actividade Ornithology, favorecendo unha escoita activa dos cantos dos paxaros e convocando a dúas das personalidades galegas máis relevantes nos seus ámbitos: o narrador Celso F. Sanmartín e o saxofonista de jazz Pablo Castaño.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es