Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O Concello e Caixa Galicia acordan ampliar as prazas subvencionadas en Euxa-Narón
Caixa Galicia e o Concello de Narón veñen de asinar un convenio mediante o que se amplía a 76 o número de prazas residenciais subvencionadas pola entidade financeira que xestiona o Concello na residencia EUXA Narón. O convenio amplía o xa asinado entre ambas entidades en 2004 e permitirá cubrir a lista de espera existente. A firma foi realizada polo alcalde de Narón, Juan Gato, e polo director territorial de Caixa Galicia en Ferrol, Gonzalo Rodríguez-Tenreiro. A residencia EUXA de Narón ten unha capacidade de 150 prazas residenciais e 30 de atención diúrna. Forma parte do Plan de Centros Xerontolóxicos de Caixa Galicia para a comunidade autónoma galega e no edificio investíronse 6,5 millóns de euros có propósito de paliar o déficit de prazas residenciais existente na comarca de Ferrolterra. A subvención cobre ata o 50 por cento do custo total do aloxamento. Caixa Galicia asinou recentemente unha operación semellante co Concello de Vigo para poder atender á demanda do centro de Barreiro, na cidade olívica, de próxima inauguración, e que forma parte tamén do plan de residencias da entidade financeira en Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal