Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E OS VOCEIROS DOS GRUPOS POLÍTICOS REÚNENSE CO COMITÉ DE EMPRESA DE BIOCARBURANTES PENINSULARES
Tratarán de desbloquear a situación da plantilla da empresa, sen producción e cuios traballadores non cobran a nómina dende fai sete meses.
Narón, 28 de Abril de 2012.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e os voceiros dos grupos políticos municipais de Terra Galega (Guillermo Sánchez Fojo), PSdeG-PSOE (Catalina García), BNG (Pablo Villamar) e Converxencia Galega (María Porto) reuníronse onte cos representantes do comité de empresa de Biocarburantes Peninsulares, con sede en Narón. O grupo municipal do Partido Popular tamén estivo convidado a participar nesta xuntanza aínda que finalmente non asistíu. A reunión tivo como obxecto solicitar a mediación do Alcalde de Narón ante a dirección da empresa, con sede en Madrid, para tratar de solucionar o problema dos seus 10 traballadores, que levan sete meses sen percibir a nómina. José Manuel Blanco comprometeuse a falar co director xeral de Biocarburantes Peninsulares, Juan Arrese Romero-Rato, para interesarse pola viabilidade desta empresa, cuxas obras de construción finalizaron en 2009 pero que nunca chegou a producir e actualmente non ten a máis mínima actividade. Biocarburantes Peninsulares ocupa unha parcela de 8.000 m2 no sector IV do Polígono de Río do Pozo, e foi construída con axudas do Plan Ferrol e do Igape. Na súa construción estimouse un investimento duns 25 millóns de euros, e estaba previsto que elaborase anualmente 120.000 toneladas de biodiésel a partires de vexetais non comestíbeis. A pesares de non ter iniciado a produción, en xaneiro do ano 2009 a empresa contratou a 10 traballadores/as, aboando ata setembro do ano 2011 os seus salarios. A partires desa data, a empresa deixou de pagar as nóminas, adebedando ata hoxe un retraso de sete mensualidades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal