Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS MENORES SAHARAUIS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "VACACIONES EN PAZ" VISITARON O SPEIS E O CIRCUITO DE NHD ADVENTURE
Os sete menores pasarán o seu primeiro verán fora dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf, en Arxelia, coas familias de acollida naronesas
Narón, 10 de agosto de 2022. Os menores saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf en Arxelia, que pasan o verán con familias de acollida da cidade no marco do programa “Vacaciones en Paz”, visitaron o Speis de Narón e o circuito de NHD Adventure 4X4. Nas instalacións do Speis departiron con membros do equipo e estiveron acompañados pola delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, e algunhas das familias de acollida, tanto na visita ao Speis como, posteriormente, no circuito de NHD Adventure A concelleira de Benestar Social, Catalina García, valorou esta iniciativa impulsada cos menores saharauis e as súas familias, ás que agradeceu a súa participación no programa “Vacaciones en Paz”. Así mesmo, agradeceu a colaboración do equipo do Speis da cidade e tamén dos responsables do Club NHD Adventure e ao resto de entidades que este verán prestan a súa colaboración en eventos programados cos nenos e nenas saharauis que participan no programa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal